Clara e o seu clarinete.
martes, 5 de junio de 2012
viernes, 11 de mayo de 2012
Aí ven o Maio
de frores cuberto...
Puxéronse a porta
cantándome os nenos;
e os puchos furados
pra min estendendo
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros.
Pasai rapaciños
calados e quedos;
que o que é polo de hoxe
que darvos non teño.
Eu sonvo-lo pobre
do pobo galego:
pra min non hai maio
¡pra min sempre é inverno!
Cando eu me atopare
de donos liberto
e o pan no me quiten
trabucos e préstemos
e como os do abade
frorezan meus eidos
chegado habrá entonces
o maio que eu quero.
¿Queredes castañas
dos meus castiñeiros?...
Cantádeme un maio
sin bruxas nin demos;
un maio sin segas,
usuras nin preitos,
sin quintas nin portas,
nin foros, nin cregos.
Manuel Curros Enríquez
Aires da miña terra, 1880
de frores cuberto...
Puxéronse a porta
cantándome os nenos;
e os puchos furados
pra min estendendo
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros.
Pasai rapaciños
calados e quedos;
que o que é polo de hoxe
que darvos non teño.
Eu sonvo-lo pobre
do pobo galego:
pra min non hai maio
¡pra min sempre é inverno!
Cando eu me atopare
de donos liberto
e o pan no me quiten
trabucos e préstemos
e como os do abade
frorezan meus eidos
chegado habrá entonces
o maio que eu quero.
¿Queredes castañas
dos meus castiñeiros?...
Cantádeme un maio
sin bruxas nin demos;
un maio sin segas,
usuras nin preitos,
sin quintas nin portas,
nin foros, nin cregos.
Manuel Curros Enríquez
Rap da lingua. Migallas
Falemos en galego
é unha cousa natural
como a chuvia no inverno
e o calor no verán.
En galego
¡xa si!
En galego
¡xa si!
Aínda hai pais que non lles falan
aos seus fillos en galego
porque pensan que é unha lingua
para pobres e paletos
En galego
¡xa si!
en galego
¡xa si!
Aos teus pais animarás
a falarche en galego
que non che van a sair grans
e tampouco cae o pelo.
En galego
¡xa si!
en galego
¡xa si!
Hai rapaces e rapazas
que o ir ao instituto
non queren falar galego
porque din que é
montuno
Máis se alguén
che fai tilín
e o queres namorar
faille as beiras en galego
de seguro ligarás.
Hai rapaces e rapazas
que queren falar galego
pero aínda non o falan
porque din que teñen erros.
En galego
¡xa si!
En galego
¡xa si!
Anque o fales todo o día
non che pode sentar mal
nin da mocos, nin da febre
fai a proba e xa verás.
En galego
¡xa si!
En galego
¡xa si!
Falemos a nosa lingua
que é unha lingua moi
moderna
nas escolas e nas casas
nas cidades e aldeas.
En galego
¡xa si!
En galego
¡xa si!
lunes, 7 de mayo de 2012
Suscribirse a:
Entradas (Atom)