Iniciouse co seu pai como violinista e, ao morrer este, quedou baixo a tutela do seu irmán maior, con quen proseguiu os seus estudos de música como organista.
Ao principio, foi compositor de corte, onde creou multitude de obras orquestrais. Despois, foi mestre de capela. Dedicou toda a sua vida á composición de obras de carácter relixioso, pero foi máis coñecido como intérprete que como compositor.